Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU14004 - Curso para obtención do diploma de directiva ou directivo no ámbito da Administración autonómica de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

Este curso está deseñado para, mediante un sistema de ensino-aprendizaxe adaptado
ao perfil do conxunto dos participantes, completar os coñecementos e perfeccionar as competencias e habilidades do colectivo de empregados públicos que ocupan ou poidan
ocupar postos directivos na Administración autonómica galega.
O curso pretende dotar as persoas destinatarias directas dos instrumentos e ferramentas
de análise e de xestión necesarias para despregar ao máximo as súas potencialidades
de liderado, implantar a cultura da calidade pública e a mellora continua e optimizar a satisfacción
do cliente-usuario de servizos públicos.
Do mesmo modo que ensinará ao persoal directivo público a pensar estratexicamente,
a avaliar posibles alternativas, a tomar decisións e a planificar programas de implementación
desas decisións, e que os familiarizará cos instrumentos e as ferramentas útiles para
o control e mellora da xestión, a avaliación de programas e as políticas públicas. Tamén os
instruirá para sacar o máximo proveito ás súas habilidades de comunicación, de xestión
dos equipos, de negociación e de xestión da crise.
Finalmente, pretende fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre o
colectivo de empregados públicos cunha traxectoria curricular e profesional de liderado,
institucionalizar as redes de colaboración entre o persoal directivo público que desempeñe
funcións e exerza responsabilidades nas distintas organizacións públicas ou departamentos
da Administración autonómica e potenciar a cultura do público e o compromiso ético do
colectivo de xestores públicos de alto nivel.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
10/03/2014
Fin
29/07/2014
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212