Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU14005 - Curso para la obtención do diploma de directiva ou directivo no ámbito da Administración local de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

Este curso está deseñado para, mediante un sistema de ensino-aprendizaxe adaptado
ao perfil do conxunto dos participantes, completar os coñecementos e perfeccionar as
competencias e habilidades do colectivo de empregados públicos que ocupan ou desexen
ocupar postos directivos na Administración local de Galicia.
O curso pretende dotar as persoas destinatarias directas dos instrumentos e ferramentas
de análise e de xestión necesarias para despregar ao máximo as súas potencialidades
de liderado, implantar a cultura da calidade pública e a mellora continua e optimizar a satisfacción
do cliente-usuario de servizos públicos.
Do mesmo modo que ensinará ao persoal directivo público a pensar estratexicamente, a
avaliar posibles alternativas, a tomar decisións e a planificar programas de implementación
desas decisións, familiarizarao cos instrumentos e as ferramentas útiles para o control e
mellora da xestión, a avaliación de programas e as políticas públicas. Tamén instruirá para
sacar o máximo proveito ás súas habilidades de comunicación, de xestión dos equipos, de
negociación e de xestión da crise.
Finalmente, pretende fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre
o colectivo de empregados públicos das entidades locais cunha traxectoria curricular e
profesional de liderado, institucionalizar as redes de colaboración entre o persoal directivo
público que desempeñe funcións e desempeñe responsabilidades nas distintas administracións
locais e potenciar a cultura do público e o compromiso ético do colectivo de xestores
públicos de alto nivel.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
10/03/2014
Fin
29/07/2014
Prazas
15
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212