Este curso pretende afondar, dende unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa Comunidade. Os contidos do programa enfocarán dende distintas perspectivas a Administración electrónica para que os/as destinatarios/as adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito completando a súa formación no Dereito da Informática.
SANTIAGO |