O curso ten, entre outros, os seguintes obxectivos:
1º. Dar a coñecer ao persoal da Administración pública de Galicia os distintos aspectos dun novo escenario de axendas internacionais e urbanas que ofrece novas oportunidades ás cidades.
2º. Profundar nas relacións entre as distintas axendas e o grao de integración entre elas nos distintos niveis e ámbitos territoriais de implementación, e o rol que as axendas urbanas teñen na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS)(Axenda 2030) nos seus territorios.
3º. Transmitir a necesidade de integrar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) e o seu sistema de indicadores nas políticas públicas municipais e autonómicas.
4º. Dar a coñecer un conxunto de metodoloxías e criterios para fortalecer as capacidades de organización e de acción conxunta local para abordar a realización dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) nas nosas cidades e territorios.
5º. Coñecer experiencias de referencia para a elaboración e a implementación de plans de acción e axendas urbanas en distintos territorios.
SANTIAGO |