O deporte é un fenómeno transversal que caracteriza a sociedade moderna. O seu desenvolvemento abrangue diferentes e moi variadas dimensións, que van desde a saúde e benestar ata aspectos económicos e financeiros.
Unha das facianas onde o deporte, a través das súas diferentes manifestacións, desempeña un rol salientable é no eido social no que atinxe á integración, á igualdade e á promoción de colectivos vulnerables. Por este motivo, en canto á promoción dos dereitos humanos, o deporte avístase como unha ferramenta fundamental.
A Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, promovida polas Nacións Unidas, establece un plan de acción a escala internacional para erradicar a pobreza, combater as desigualdades, construír sociedades xustas e inclusivas e protexer os dereitos humanos.
A consecución destas metas non é posible sen un desenvolvemento sostible, para o cal se marca un conxunto de 17 obxectivos, coñecidos como os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
É por iso que mediante este curso se pretenden achegar ás persoas destinatarias as principais cuestións referentes ao desenvolvemento dos ODS, facendo especial fincapé nos aspectos onde o deporte pode servir como instrumento ou ferramenta facilitadora.
SANTIAGO |