Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV16018 - Xornada sobre a calidade e innovación, o camiño para reducir custos e incertezas no proceso construtivo
Imaxe Curso/Xornada

Entre os obxectivos principais desta xornada podemos destacar os seguintes:
– Reducir os custos na cimentación empregando técnicas innovadoras na realización do estudo xeotécnico. Falarase primeiro das exixencias ditadas no CTE en canto ao estudo
xeotécnico, para, a seguir, expor as ferramentas que permiten mellorar a tensión admisible
no caso das edificacións novas ou rehabilitacións.
– Deseñar a cimentación do edificio en fase de redacción do proxecto para prever e reducir
a radioactividade natural nas vivendas en zonas proclives. Exporanse as ferramentas de medición e control que se realizarán no momento da execución do estudo xeotécnico e
informarase da lexislación vixente e futura ao respecto.
– Explicar e fomentar as técnicas que existen na actualidade para avaliar o estado das
edificacións e as súas patoloxías. Trataranse desde ferramentas para analizar o estado das estruturas ata outras para estudar a envolvente e a eficiencia enerxética do edificio.
Así mesmo, comentarase o que dispón ao respecto a vixente Instrución EHE-08, CTE e demais regulamentación. Ademais, abordaranse as axudas da Administración para a mellora da eficiencia enerxética.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
27/05/2016
Fin
27/05/2016
Prazas
286
Programa
Optimización da cimentación a través do estudo xeotécnico axeitado. Exemplos de aforro
Venres, 27 de Maio de 2016.
Optimización da cimentación a través do estudo xeotécnico axeitado. Exemplos de aforro
Marcos Llana Fernández; licenciado en Xeoloxía, xefe da área de Enxeñaría do Terreo de CYE, CONTROL y ESTUDIOS, SL
Ramón Montero Cereijo; arquitecto superior

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Técnicas de control da radioactividade natural para a mellora da salubridade das vivendas
Venres, 27 de Maio de 2016.
Técnicas de control da radioactividade natural para a mellora da salubridade das vivendas
Gonzalo J. Guzmán Bermúdez; licenciado en Ciencias Químicas, director técnico de CYE, CONTROL Y ESTUDIOS, SL
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Ferramentas existentes para avaliar o estado das edificacións. Axudas da Administración para a mellora da eficiencia enerxética
Venres, 27 de Maio de 2016.
Ferramentas existentes para avaliar o estado das edificacións. Axudas da Administración para a mellora da eficiencia enerxética
Santiago Grandal Montero; enxeñeiro de camiños, canais e portos; área de innovación de CYE, CONTROL Y ESTUDIOS, SL
Miguel Riola López; enxeñeiro industrial, área de enerxía e industria de PROYFE, SL
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212