Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV18007 - Xornada sobre auditoría do sector público
Imaxe Curso/Xornada

O escenario no que as administracións públicas desenvolven a súa actividade, e a súa interrelación co sector privado, foi obxecto dunha adaptación da súa regulación para garantir a transparencia e a integridade na xestión, e para establecer mecanismos de control máis rigorosos.

Neste sentido, 2017 foi un ano referente en canto ás novidades normativas neste ámbito. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que entrará en vigor o próximo mes de marzo de 2018, entre outras novidades, suprime a posibilidade de contratación sen publicidade, incorpora a obriga da factura electrónica e a posibilidade de pagamento directo da Administración aos subcontratistas.

Doutra banda, o Real decreto 424/2017, do 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local, persegue un control financeiro-orzamentario máis rigoroso e dá entrada ás auditorías públicas neste eido.

Este real decreto entrará en vigor o 1 de xullo de 2018 e as auditorías de contas previstas
nel realizaranse sobre as contas anuais cuxo exercicio contable se peche a partir do 1 de xaneiro de 2019, estando sometidas ás normas de auditoría do sector público aprobadas pola Intervención Xeral da Administración do Estado e ás normas técnicas que as desenvolvan.

O obxectivo principal desta xornada é abordar os aspectos máis relevantes da nova normativa e as implicacións da súa entrada en vigor.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO
Inicio
09/03/2018
Fin
09/03/2018
Prazas
286
Programa
Inauguración da xornada Auditoría do sector público
Venres, 9 de Marzo de 2018.
Inauguración da xornada Auditoría do sector público
  •  
    •   Video
    •   Audio

A nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público
Venres, 9 de Marzo de 2018.
A nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público

José María Santacana Gómez, interventor delegado no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Regulación do control interno das entidades do sector público local. A auditoría pública nas entidades locais
Venres, 9 de Marzo de 2018.
Regulación do control interno das entidades do sector público local. A auditoría pública nas entidades locais

Marta Bausá Crespo, viceinterventora do Concello de Jerez de la Frontera
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Clausura da xornada Auditoría do sector público
Venres, 9 de Marzo de 2018.
Clausura da xornada Auditoría do sector público
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212