Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU20008 - Xornada Gobernanza, emprego público e boas prácticas na Administración
Imaxe Curso/Xornada

A Galicia que queremos debe contar cunhas administracións exemplares e eficientes, cuxo funcionamento estea orientado aos resultados e ao cumprimento e que, a través da rendición de contas aos cidadáns, permitan apreciar como a súa boa xestión converte os recursos captados en bens e servizos de calidade, o que debe contribuír a aumentar a valoración das institucións.
Nesta liña, e no marco da elaboración do Plan estratéxico de Galicia 2021-2030 que determinará as liñas prioritarias de actuación da Administración autonómica galega na vindeira década, cómpre establecer un eixe estratéxico específico sobre Gobernanza pública, no que, dun xeito participativo, se definan os cambios que necesitan as nosas administración para prestar mellores servizos aos cidadáns, ser máis modernas e eficientes e, en consecuencia, producir unha mellora da confianza na xestión pública.
Para desenvolver este proceso participativo a Escola Galega de Administración Pública acollerá un ciclo de xornadas nas que expertos nas principais cuestións relacionadas coa Gobernanza exporán a súa visión, acompañados de profesionais na materia, co obxecto de xerar un debate participativo que permita detectar as prioridades neste eixe e concretar ss medidas para acadalas con éxito.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
17/03/2020
Fin
17/03/2020
Prazas
286
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212