Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU21029 - Xornada Galicia, 40 anos de autonomía (1981-2021)
Imaxe Curso/Xornada

A aprobación do Estatuto de autonomía para Galicia foi froito do consenso acadado entre os distintos actores políticos a través dun proceso que comezou cos traballos realizados pola chamada Comisión dos Dezaseis. Esta comisión, integrada por representantes de diferentes formacións políticas con presenza en Galicia, presentou un texto profundamente modificado polo «Relatorio dos nove» e que sería aprobado na asemblea de parlamentarios galegos o 5 de maio de 1979. Xa no seu paso, último, polo Congreso dos Deputados, experimentou novas modificacións derivadas da sinatura do denominado «Pacto do Hostal » en setembro de 1980 que cristalizarían no texto definitivo posteriormente sometido a referendo do pobo galego.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado o 6 de abril de 1981 pola Lei orgánica 1/1981, é a norma institucional básica da nosa comunidade autónoma en que se recoñece a condición de nacionalidade histórica e na cal se afirma que os poderes da Comunidade emanan do Estatuto, da Constitución e do pobo galego. Polo demais, a norma estatutaria procede ao deseño da arquitectura institucional e da estrutura competencial da nosa autonomía, así como á regulación da cooficialidade dos idiomas galego e castelán.

Para conmemorar o corenta aniversario do noso Estatuto celébrase esta xornada dirixida a poñelo en valor e a debater arredor das implicacións do vixente marco estatutario e a súa contribución esencial ao desenvolvemento da autonomía política e do autogoberno,así como a analizar a súa posible proxección nos vindeiros anos.

Canto ao programa, nesta xornada profesionais de recoñecido prestixio e protagonistas tanto dos comenzos como da actualidade da nosa autonomía abordarán diferentes aspectos relacionados coa norma fundamental da Comunidade Autónoma para fomentar o debate e a reflexión arredor de cuestións latentes e retos de futuro do autogoberno.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
18/10/2021
Fin
19/10/2021
Prazas
60
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212