As recentes crises económicas supuxeron un punto de inflexión en materia de política económica. As actuacións levadas a cabo permitiron mellorar algúns indicadores económicos, pero aínda non posibilitaron unha corrección completa dalgúns dos desaxustes que se produciron durante o período que durou a denominada Gran Recesión.
As crises económicas, a pesar de implicar unha serie de efectos negativos, poden permitir detectar as nosas debilidades e ameazas para convertelas en fortalezas e oportunidades. Por este motivo convócase este webinario co obxectivo de identificar os aspectos que se puideron mellorar coas actuacións realizadas e, ao mesmo tempo, as políticas públicas que se deberían aplicar para corrixir os problemas pendentes.
TELEPRESENZA |