A Comunidade Autónoma de Galicia vén experimentando nas últimas décadas un importante proceso de transformación demográfica, socioeconómica e cultural. Os trazos máis salientables da súa dinámica demográfica, compartidos co resto de España, Europa e os países desenvolvidos, son, por unha parte, o incremento da esperanza de vida e, por outra, a variación da fecundidade, que en Galicia, como en todas as sociedades avanzadas, diminuíu nos últimos sesenta anos, malia que aquí dun xeito máis rápido e marcado.
A necesidade dunha abordaxe máis profunda dos efectos derivados do cambio demográfico e dun compromiso estratéxico que permita establecer medidas de xestión estables a medio e longo prazo promoveu a aprobación da Lei de impulso demográfico de Galicia, que ten o obxectivo de servir como marco e orientación das actuacións en materia demográfica para favorecer un desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable e territorialmente equilibrado.
O obxectivo do webinario é dar a coñecer o contido da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, e os criterios que impulsan as políticas públicas e actuacións en materia demográfica.
TELEPRESENZA |