Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU22025 - Webinario A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

No seo da Unión Europea ditouse a Directiva (UE) 2018/851 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, co obxectivo de mellorar e transformar a xestión de recursos nunha xestión sostible das materias orientada a protexer, preservar e mellorar a calidade do ambiente, así como a protexer a saúde humana, garantir a utilización prudente, eficiente e racional dos recursos naturais, promover os principios da economía circular, mellorar o uso da enerxía renovable, aumentar a eficiencia enerxética, reducir a dependencia da Unión dos recursos importados, crear novas oportunidades económicas e contribuír á competitividade a longo prazo.

Neste contexto, a Comisión chegou igualmente á conclusión, na Estratexia europea sobre o plástico prevista na súa comunicación do 16 de xaneiro de 2018, de que debía abordarse o aumento constante da xeración de residuos plásticos e do abandono deses residuos plásticos no ambiente, o que exixía o establecemento dun marco xurídico específico que permitise reducir eficazmente eses efectos negativos, deste xeito, aprobouse a Directiva (UE) 2019/904 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño.

Seguindo as premisas da normativa europea, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 12 de decembro de 2019 a Estratexia galega de economía circular 2020-2030. Posteriormente, a Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, incorpora como principios inspiradores a economía circular e a loita contra o cambio climático.

Este webinario persegue a finalidade de dar a coñecer a citada e lei, que ten por obxecto, ademais de regular o réxime xurídico dos solos contaminados, a regulación da produción e xestión sostible dos residuos, potenciando medidas que preveñan a súa produción e diminúan os impactos adversos sobre a saúde humana e o ambiente, vencellados á súa xeración e xestión, ao tempo que se fomenta o uso sustentable dos recursos e a transición a unha economía circular e baixa en carbono no territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
28/10/2022
Fin
28/10/2022
Prazas
100
Programa
Webinario A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia
Venres, 28 de Outubro de 2022.
Webinario A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212