Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU22028 - Webinario O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI
Imaxe Curso/Xornada

Este seminario web expón a imperiosa necesidade de renovación xeracional do emprego público como consecuencia das xubilacións masivas que xa se están producindo e que se producirán con maior intensidade nos próximos anos. Esa renovación xeracional débese realizar nun contexto marcado por un conxunto de importantes desafíos aos cales se enfronta o sector público nestes momentos, tales como a revolución dixital e a súa afectación ás tarefas tradicionais que se desempeñan nos diferentes postos de traballo, así como a necesidade de dispor de novos perfís de empregos funcionais que se asenten sobre os procesos de dixitalización, automatización e intelixencia artificial que se aplicarán á prestación de servizos e actividades administrativas.

Este webinario, co obxecto de ordenar cabalmente esa remuda xeracional e dispor de estruturas e persoas adecuadas aos desafíos futuros, propón unha estratexia mixta de organización e recursos humanos que promove unha planificación e xestión ordenada e gradual do cambio desde o modelo tradicional de deseño e organización actual de postos de traballo cara a outro modelo que teña como finalidade a flexibilidade organizativa, a adaptación e a transversalidade. A transformación organizativa e dos recursos humanos convértese, así, nunha necesidade existencial do futuro das administracións públicas.

Este webinario será impartido por Rafael Jiménez Asensio: consultor, formador, catedrático de Universidade acreditado por ANECA e AQU. Avogado (Estudo Sector Público SLPU).

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
24/11/2022
Fin
24/11/2022
Prazas
100
Programa
O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI
Xoves, 24 de Novembro de 2022.
O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI

Impartido por Rafael Jiménez Asensio: consultor, formador, catedrático de Universidade acreditado por ANECA e AQU. Avogado (Estudo Sector Público SLPU).
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212