DOCENTES:
Manuel Arenilla Sáez. Catedrático de Ciencia Política e da Administración na Universidade Rei Juan Carlos e Administrador Civil do Estado.
Pablo Mateo Vázquez. Director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en ABANCA.
Conferencia a impartir no marco do Foro "Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado".
O coñecemento e a innovación pública son a soldadura das escisións que xorden por todas as partes entre o que a Administración fai e o que demanda a cidadanía. Estas escisións están a xerar un paulatino proceso de desintermediación en que a Administración se ve substituída como «terceiro de confianza» por outros actores e institucións en diversos procesos. A revolución dixital é unha oportunidade para refundar a Administración, que, de non aproveitarse, conducirá inevitablemente á obsolescencia dunha parte da súa actividade. Finalmente, non é posible que se produza a satisfacción efectiva das demandas cidadás da Administración se non se produce un cambio na súa cultura, nos seus principios e valores.
O obxectivo desta conferencia é analizar os efectos da transformación dixital nas organizacións públicas.
SANTIAGO |