Este webinario persegue o obxectivo de analizar a singularidade do teletraballo no sector público e as múltiples implicacións que ten desenvolvelo no marco da organización administrativa. Para iso, ademais de realizar unha extensa análise histórica e doutrinal sobre o seu desenvolvemento, evolución e relación coa administración electrónica, realizarase un estudo comparado entre as lexislacións dalgúns países da nosa contorna como Alemaña, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal ou Reino Unido. Por último, analizarase a lexislación e a xurisprudencia europea, estatal e autonómica sobre a materia, describindo o seu réxime xurídico e identificando as súas necesidades de mellora e evolución futura.
TELEPRESENZA |