Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU07013 - II Xornadas sobre Administración pública e xénero: a xestión da igualdade no ámbito autonómico e local.
Imaxe Curso/Xornada

Desde hai unhas décadas, os poderes públicos veñen deseñando e poñendo en marcha accións para paliar as discriminacións de xénero e promover unha maior igualdade entre os homes e as mulleres. O
desenvolvemento de organismos específicos de igualdade de xénero no nivel autonómico e no local en
España dá comezo a finais dos anos oitenta e noventa respectivamente. Este proceso permitiu, entre outras cousas, a descentralización das políticas de igualdade e a posta en marcha de programas estables de atención ás mulleres.

O pasado ano tiveron lugar as I Xornadas sobre xénero e Administración pública realizadas nas sete
principais cidades galegas. Debido ao interese suscitado por estas, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) considerou oportuno reeditar este tipo de acción formativa, pero nesta ocasión no nivel municipal, dado que a posición de proximidade da Administración local á cidadanía fai que este nivel administrativo sexa o máis axeitado para analizar as medidas de carácter social, debido ao mellor coñecemento da realidade local. Así mesmo, este último permítelles ás autoridades municipais detectar máis doadamente as necesidades reais da cidadanía e ter unha incidencia directa sobre a poboación.

Ademais, nesta ocasión, e tendo en conta a experiencia das anteriores xornadas, consideramos un
obxectivo práctico prioritario das xornadas, conseguir involucrar un maior número de homes nestas sesións xa que, desafortunadamente, a temática destas actividades continúa a verse como unha preocupación exclusiva das mulleres.

Este ano 2007 as xornadas céntranse na xestión da igualdade no ámbito autonómico e local. Para iso, as
sesións perseguen tres obxectivos fundamentais:
1.A análise dos conceptos e claves teóricas para entender as políticas públicas de igualdade.
2. O coñecemento e descrición das ferramentas metodolóxicas necesarias para a avaliación das políticas
públicas de igualdade no ámbito autonómico e local.
3. O exame e aproximación á conciliación laboral e familiar como problema público.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
BERGONDO
Localidade
Bergondo
Inicio
15/10/2007
Fin
15/10/2007
Prazas
150
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212