Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU07014 - Seminario Acadando os obxectivos de Lisboa: as rexións e municipalidades como impulsoras do crecemento e do emprego.
Imaxe Curso/Xornada

Na primavera de 2005, a Estratexia de Lisboa da UE para «converterse na economía baseada no coñecemento máis dinámico e competitivo do mundo» foi revisada en profundidade polos seus membros co fin de valorar e, se for o caso, axustar os obxectivos e os mecanismos chave para levala a cabo. Tan ambiciosa estratexia abrangue 24 directrices integradas que se clasifican nos seguintes ámbitos: macroeconómicas, microeconómicas e de emprego. Esta revisión a medio prazo, que se realizou nun momento crucial da historia europea (i.e. tras a adhesión dos outros dez estados membros), pretende reimpulsar este importante proceso que botou a andar en marzo de 2000 durante a presidencia portuguesa.

Actualmente, todas as novas iniciativas europeas son postas en marcha de acordo con estas 24 directrices integradas. Así pois, tanto as previsións económicas para o período 2005-2007, como o portal Web A túa Europa ou a iniciativa 2010, o novo Programa marco para a competitividade e a innovación (CIP), o Programa de acción comunitaria para combater a discriminación e fomentar a igualdade de oportunidades e tamén o Ano europeo da mobilidade dos traballadores, todos eles comparten xa un obxectivo común: impulsar o crecemento e o emprego. Con todo, o aumento da «competitividade» e o traballo conxunto para o crecemento e o emprego, é unha responsabilidade
común a todos os niveis de goberno, desde o nacional ata o local. De feito, os impactos tanto positivos como negativos sobre o crecemento das empresas e o emprego poden sentirse máis intensamente no nivel local e rexional. Como resultado, hai unha necesidade clara de aumentar as accións nestes niveis. Neste sentido, é moi importante debater o papel dos actores rexionais e locais no cumprimento da Estratexia de Lisboa.

A conexión entre a Estratexia de Lisboa e os entes rexionais e locais gaña aínda máis relevancia cando o Regulamento xeral (2007-2013) para os instrumentos europeos de cohesión dispón unha nova concentración do gasto de cohesión para cuestións comúns (tales como o aspecto da innovación e a investigación), gasto que representa o 60% para as rexións do obxectivo de converxencia, como é o caso de Galicia, e o 75% para as rexións do obxectivo de competitividade rexional e emprego.

Este seminario pretende, pois, ser un foro de debate sobre as políticas e as prácticas que os diversos actores rexionais e locais deben desenvolver para acadar os obxectivos da Estratexia de Lisboa, afondando nos retos e nas perspectivas desta estratexia para Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
ACORUÑA
Localidade
A Coruña
Inicio
21/06/2007
Fin
22/06/2007
Prazas
260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212