Nun momento de reforma parcial do dereito de augas e de posible aprobación do Plan Hidrolóxico Nacional, resulta de sumo interese debater acerca das perspectivas que o uso e a administración da auga teñen en España, sobre todo se, como é o caso, se abren posibilidades para a liberalización do mercado da auga, inéditas ata a data.
Pode dicirse que tódolos grandes temas do dereito público do século XXI se dan cita neste sector tan especial do dereito administrativo. De aí a súa actualidade e o apaixonante debate que suscita.
ACORUÑA |