Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU06001 - Xornada sobre Administración pública e xénero: os desafíos da igualdade na función pública.
Imaxe Curso/Xornada

A presenza das mulleres na función pública aumentou de xeito considerable na última década, e acadou practicamente a metade do funcionariado público no ano 2001. Estas xornadas teñen como obxectivo fundamental a análise das consecuencias derivadas desta significativa incorporación. Dunha parte, preténdese ofrecer unha descrición pormenorizada de cales son as características deste novo escenario: a presenza das mulleres nas diferentes administracións públicas -central, autonómica e local-, a súa presenza nos diferentes niveis do funcionariado e as características socioeconómicas do persoal. Doutra parte, estas xornadas deben servir para pór por riba da mesa os principais obstáculos que enfrontan as mulleres no seu traballo diario na función pública. Neste sentido, as sesións tratarán aspectos relativos á conciliación da vida familiar e da vida laboral adoptando unha perspectiva comparada que permita examinar os logros e resultados das diferentes políticas de conciliación xa implementadas noutros contextos.

Con estes obxectivos xerais, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organiza do 30 de outubro
ao 21 de novembro un ciclo de conferencias e mesas redondas dirixidas a empregadas e empregados públicos
en Galicia que terán lugar nas sete grandes cidades da comunidade autónoma.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
LUGO
Localidade
Lugo
Inicio
30/10/2006
Fin
30/10/2006
Prazas
100
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212