Analizar o texto da nova Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, que vén substituír
a Lei 230/1963, do 28 de decembro. A norma substituída era preconstitucional -xa tivera numerosas
reformas parciais- e, polo tanto, estaba necesitada dunha modificación completa que convertera a LXT nunha verdadeira norma codificadora, dotada dunha sistemática e dun contido axeitado á actual realidade de cambios tecnolóxicos nos procedementos administrativos de aplicación dos tributos:
Resáltase a oportunidade da realización destas xornadas, por canto a Lei 52/2003 terá a súa entrada
en vigor o 1 de xullo de 2004, e os distintos profesionais vinculados á materia tributaria, tanto da Administración coma os asesores fiscais terán o máximo interese no estudo da reforma integral levada a cabo.
Cómpre destacar tamén que a maioría dos relatores que intervirán nestas xornadas son especialistas de dereito tributario, que no seu momento formaron parte das distintas comisións de estudo, nomeadas polo Ministerio de Facenda para emitir informe sobre o anteproxecto da mencionada lei.
SANTIAGO |