O novo proceso de menores introducido pola LO 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal do menor, supón un cambio substancial no conxunto normativo aplicable ós menores infractores. Os seus xa catro anos de aplicación non minguaron o interese social que a súa entrada en vigor espertara, producíndose na actualidade continuas referencias a esta regulamentación, de importante transcendencia na vida xurídica e social do país, o que xustifica a realización destas novas xornadas.
A través dos relatorios que se expoñerán, preténdese unha análise da solución político-criminal adoptada pola Lei 5/2000 e dos principios xerais que a informan. O correspondente estudio enfocarase desde unha perspectiva múltiple e teórico-práctica, que ofreza unha visión completa das disposicións e que analice os problemas que se veñen rexistrando na aplicación da devandita lei.
OURENSE |