ABERTA A INSCRICIÓN dende as 9.00 h. do día 6 DE DECEMBRO ata as 23:59 h. do día 10 DE DECEMBRO !!
A implementación da intelixencia artificial (IA), que representa unha revolución para a sociedade, ten unha especial incidencia na forma en que se xestionan os servizos públicos e se toman decisións. É crucial entón garantir un deseño responsable e equitativo destas tecnoloxías que evite nesgos e exclusións, aliñándose cos principios democráticos, de forma que a IA non só sexa unha ferramenta técnica, senón tamén un medio para fortalecer a gobernanza, a participación cidadá e a consecución do interese xeral. Por iso, é fundamental prestar atención aos principios que deben rexer o seu deseño, adquisición e emprego.
SANTIAGO |