A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP) trata de garantir que a contratación pública se axuste aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores e asegurar, entre outros, a adquisición de bens e a contratación de servizos mediante a exixencia da definición previa das necesidades para satisfacer, a salvagarda da libre competencia e a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.
As condutas colusorias en virtude do artigo 1 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (en diante, LDC), son calquera tipo de acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela, que teña por obxecto, produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia.
Os artigos 69.2 e 150.1 LCSP fan referencia á obrigación que ten, con carácter previo á adxudicación do contrato, o órgano de contratación de trasladar os indicios fundados de condutas colusorias que poidan darse no seo de licitacións.
A LCSP pon ao dispor das administracións públicas licitadoras vías para comunicar ás autoridades de competencia condutas colusorias (artigos 132 e 150).
Aberta a inscrición dende ás 9:00 horas do LUNS 2 DE XUÑO ás 23:59 horas do 8 de xuño !!
SANTIAGO |