Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
PU08008 - Xornadas Como aproveitar as oportunidades que Europa nos ofrece
Imaxe Curso/Xornada

Coa sinatura do novo Tratado de Lisboa e a aprobación do novo período de financiamento 2007-2013, ábrese unha gran fiestra de novas oportunidades para os diferentes sectores que conforman a Unión Europea. Tendo moi en conta que as pequenas e medianas empresas representan un papel clave dentro da sociedade, desde a Unión Europea invítase as PEME a participar plenamente no proceso de construción europea. Por unha banda, as PEME representan un rol fundamental nun dos piares da nova estratexia de Lisboa, baseado na innovación e no coñecemento como base principal para o crecemento. Por outra banda, as axudas e programas da UE son, a través do principio do (co-) financiamento, unha gran fonte de recursos para os concellos e rexións de Europa. A decisión final para o novo período de programación 2007-2013 tardou en chegar, aínda que isto non significa que o compromiso financeiro da UE no conxunto dos estados membros diminúa. Máis ben ao contrario, seguen a se contar por centos as axudas que a UE pon a disposición dos actores rexionais e locais dentro dos que as PEME xogan un papel moi destacado.

Unha vez vista desde unha perspectiva xeral a importancia do papel que poden desempeñar as PEME no proceso de construción europea, a pregunta sería: Como podemos aproveitar este novo marco? Para potenciar as posibilidades de crecemento que nos ofrece Europa é preciso desenvolver e atesourar proxectos convincentes, e para iso é moi importante atopar socios cos que traballar e colaborar dunha maneira conxunta. Por todo isto, desde un valor dos fondos ata o cambio de escenario que representa o novo período de programación, os actores locais e rexionais, e moi especialmente as PEME, deben estar moi ben preparados para a ocasión. Cada programa ou iniciativa ten os seus propios obxectivos ou peculiaridades, pero no que se refire ás “regras básicas do xogo” (isto é presentación da proposta ou ofertas, xestión e facturación, etc.), os elementos converxen e poden ilustrarse baixo un patrón harmonizado.

Ao mesmo tempo, podemos observar unha nova foto da Unión Europea, que entraña a necesidade de se lle presentar e explicar á cidadanía dun xeito eficaz e coherente. Neste mesmo sentido e partindo da importancia que supón que a cidadanía estea ben informada, desde 2001, os temas relacionados coa comunicación dos asuntos europeos estiveron moi presentes na axenda política. As recentes sondaxes (e referendos) que puxeron a proba a UE nos últimos tempos amósannos a necesidade de reconfigurar e dinamizar unha estratexia de comunicación para que se informe a cidadanía. Isto levou recentemente á Comisión Europea (CE) ao deseño dunha estratexia de comunicación. Conforme o novo lema “Escoitar, comunicar e interesarse a nivel local”, a CE (so o liderado de Margot Wallström) tenta superar anteriores omisións e concentrarse en ofrecerlles aos cidadáns europeos resultados e información tanxible que poidan utilizar na súa vida cotiá.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
A CORUÑA
Localidade
A CORUÑA
Inicio
22/05/2008
Fin
23/05/2008
Prazas
150
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia