Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU08018 - Xornadas As administracións públicas son persoas: Cara ao emprego público do século XXI
Imaxe Curso/Xornada

As administracións públicas xustifícanse como servizo civil, é dicir, á cidadanía, á xente. Pero as nosas sociedades xa non son o que eran. Diversos procesos demográficos, económicos, tecnolóxicos, políticos, sociais e culturais transformaron profundamente os desafíos que o noso tempo presenta ao benestar sostible da xente.
As nosas administracións públicas fóronse adaptando proporcionalmente a estes cambios, ao fío da construción progresiva da democracia, as autonomías, o estado do benestar, a inserción en Europa e nun mundo global cada vez máis esixente en termos de produtividade e competitividade. Pero está pendente unha verdadeira reforma estrutural das administracións españolas, que teñen unha matriz institucional fortemente arraigada no modelo de xestión burocrática que, independentemente dos seus méritos históricos, non resulta apropiado para abordar os desafíos do noso tempo.
A crise multidimensional que estamos a vivir, e que está a revalorizar a necesidade dunha xestión pública eficaz e democrática, non vén senón a acentuar a necesidade de reformas estruturais capaces de poñer as nosas administracións en mellores condicións para afrontar os retos actuais do benestar. Estas reformas teñen que partir da convicción de que as administracións son, ante todo, persoas e que ningunha reforma será plenamente eficaz se non é capaz de aliñar comprometidamente as persoas ao servizo da xente na súa respectiva Administración pública. Isto significa que os cambios requiridos son integrais: legais, institucionais, de instrumentos de xestión, de mentalidade e culturais.
As presentes xornadas teñen como obxectivo identificar os principais atrancos do emprego público na España actual, facelo de xeito sistémico (sen illar a reforma do emprego doutras coas que se atopa intimamente relacionada) e propoñer contidos e instrumentos de políticas públicas que orienten estratexicamente a construción decidida e progresiva do emprego do século XXI. Ao facelo terase en conta o Estatuto básico do empregado público, aínda que as presentacións e debates irán máis aló do seu necesario desenvolvemento lexislativo indagando os criterios de políticas de emprego público que resulten en cada caso relevantes.
As xornadas consideran o emprego público en España e nos seus diferentes niveis de administracións públicas (estatal, autonómico e local), pero no contexto das reformas que están a ter lugar na Unión Europea, diversos países da OCDE e nos países irmáns de América Latina.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
27/11/2008
Fin
28/11/2008
Prazas
200
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212