As xornadas preséntanse, tendo como punto de partida a necesidade de promulgar normas eficaces e de alta calidade técnica que posibiliten políticas públicas que satisfagan as esixencias do interese xeral e as necesidades dos cidadáns. Preténdese achegar aos participantes nocións sobre técnica normativa, en particular sobre elaboración de textos legais, nas súas diferentes fases, previa e parlamentaria, e os problemas derivados da devandita elaboración, así como da vixencia da norma, en especial no Estado autonómico español actual. Finalmente analizaranse as especificidades do caso galego e no dereito comparado así como os procesos de avaliación normativa.
SANTIAGO |