As axudas e programas da UE son, a través do principio de (co-) financiamento, unha gran fonte de recursos para os municipios e rexións europeas. Cóntanse por centenares as axudas que a UE pon a disposición dos actores rexionais e locais.
Neste sentido, o baúl dos fondos é grande, con espazo para os renovados instrumentos da política de cohesión (FEDER, FSE, FC), cun presuposto de máis de 308.000 MEUR (moi superior ao do período anterior); os do VII Programa Marco (53.000 MEUR); ou os doutras iniciativas quizais menos coñecidas ou novas como os programas ENPI, CIP, LIFE, ou moi específicas, como os novos instrumentos JASPERS, JEREMIE e JESSICA, que inclúe financiamento por institucións financeiras internacionais (ex. Banco Europeo de Investimento), ademais de moitos outros.
Sen dúbida o abano é grande, ademais non esquezamos que existen elementos transversais, como é o caso da Estratexia para o crecemento e o emprego.Esta estratexia que se revisará baixo a presidencia Española o ano que vén condiciona o acceso ás axudas xa que, de cara ao período 2007-2013, os seus obxectivos deben verse reflectidos afectación) nas propostas que pretendan obter fondos da UE.
Por todo iso, dende o valor dos fondos ata o cambio de escenario que representa o período de programación 2007-2013, os actores locais e rexionais deben estar moi ben preparados para a ocasión. Cada programa ou iniciativa ten os seus propios obxectivos ou peculiaridades, pero no que se refire ás (i.e. presentación da proposta ou ofertas, xestión do ciclo do proxecto, principios de visibilidade e facturación, etc.), os elementos converxen e poden ilustrarse baixo un patrón harmonizado.
SANTIAGO |