Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU12010 - Xornada sobre a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

O obxectivo da xornada é dar a coñecer a nova Lei do deporte galego, Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia.
A xornada fará especial fincapé nas principais novidades da norma de recente publicación, en aspectos tales como as competencias das Administracións públicas, as entidades deportivas, a xustiza deportiva, a protección da saúde dos deportistas e loita contra a dopaxe e a loita contra as condutas contrarias á orde deportiva, entre outras materias.
Así mesmo, propiciarase un punto de encontro entre o ámbito xurídico e os axentes da actividade deportiva, no que se aborden as cuestións contempladas pola nova Lei.
Desta maneira, a xornada ten por principais obxectivos:
-Facilitar información sobre a nova Lei do deporte galego, Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia.
-Actualizar os coñecementos dos profesionais e entidades vinculadas ao ámbito deportivo tras a entrada en vigor da norma, mellorándose as competencias de devanditos profesionais e entidades.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
30/05/2012
Fin
30/05/2012
Prazas
298
Programa
Os principais eixes regulatorios da nova Lei do deporte de Galicia
Mércores, 30 de Maio de 2012.

Conferencia inaugural: Os principais eixes regulatorios da nova Lei do deporte de Galicia

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A protección da saúde do deportista e a loita contra as condutas contrarias á boa orde deportiva
Mércores, 30 de Maio de 2012.

A protección da saúde do deportista e a loita contra as condutas contrarias á boa orde deportiva: as regulamentacións galega, estatal e internacional


Alberto Palomar Olmeda Maxistrado do Contencioso-Administrativo.
Doutor en Dereito e profesor asociado de Dereito Administrativo da Universidade Carlos III.
Experto en Dereito Deportivo.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O deporte galego e os seus axentes ante a nova Lei
Mércores, 30 de Maio de 2012.

O deporte galego e os seus axentes ante a nova Lei

Carlos Gómez Martínez, Subdirector xeral de Deporte
Rafael Martín Acero, Decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de A Coruña.
Vicente Gambau i Pinasa, Presidente do Consello Xeral do COLEF y CAFD de España e vogal do COLEF de Galicia
Eduardo Blanco Pereira, Presidente de AGAXEDE
Mercé Barrientos Varela, Presidenta da Federación Galega de Taekwondo
Juan Gaisse Fariña, Avogado especialista en temas deportivos

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212