A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2012 ao xurista, político galeguista, empresario e tamén ensaísta e poeta Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987). Por este motivo, a EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario, así coma unha viaxe de interese cultural polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Valentín Paz Andrade.
SANTIAGO1 |
Acto conmemorativo do Día das Letras Galegas do ano 2012
(Dedicado a Valentín Paz Andrade)
Actuación da soprano Laura Alonso Padín, acompañada ao piano por Juan M. Varela.