Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
IE23014 - Xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións
Imaxe Curso/Xornada

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 19 DE ABRIL ÁS 12:00 h.

O Consello de Contas de Galicia, na súa condición de órgano estatutario de control externo da xestión económico-financeira do sector público de Galicia, ten tres funcións básicas: a de vixilancia (a máis coñecida de control da legalidade e regularidade contable), a de xeración de evidencias para a mellora da xestión pública desde o punto de vista da economía, eficacia e eficiencia do gasto e do ingreso público, pero tamén da súa sustentabilidade, e, finalmente, a de colaboración na prevención da fraude e o impulso de marcos de integridade na xestión pública.

Co obxecto de achegar os resultados desta tripla función no exercicio 2022 propóñense estas xornadas desde a Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia desde o convencemento das sinerxías entre o control externo e o control interno, pero tamén do papel da primeira liña de defensa na xestión do sector público, a administración activa. En síntese, trátase de dar visibilidade ás posibilidades de mellora na xestión do público desde o control externo.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
20/04/2023
Fin
21/04/2023
Prazas
286
Programa
Presentación do Consello de Contas de Galicia e as súas funcións na Área Local: a importancia da colaboración público-pública e o control externo
Xoves, 20 de Abril de 2023.
Presentación do Consello de Contas de Galicia e as súas funcións na Área Local: a importancia da colaboración público-pública e o control externo

Simón Rego Vilar. Conselleiro do Consello de Contas
Os produtos do Consello (I): rendición de contas e legalidade do gasto e ingreso público. Recomendacións de mellora
Xoves, 20 de Abril de 2023.
Os produtos do Consello (I): rendición de contas e legalidade do gasto e ingreso público. Recomendacións de mellora

Juan José García Martínez. Auditor. Xefe da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia
María Elvira Míguez Vázquez. Técnica do Consello de Contas de Galicia
Os produtos do Consello (II): auditoría operativa, ciberseguridade e datos abertos. A prevención do fraude na xestión dos Fondos Next Generation EU
Xoves, 20 de Abril de 2023.
Os produtos do Consello (II): auditoría operativa, ciberseguridade e datos abertos. A prevención do fraude na xestión dos Fondos Next Generation EU

José Manuel Pumares Besteiro. Auditor do Consello de Contas de Galicia

Domingo Guerra. Técnico da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia
Prevención da fraude e corrupción na contratación pública mediante as tecnoloxías dixitais. Novas perspectivas: a auditoría de algoritmos
Venres, 21 de Abril de 2023.
Prevención da fraude e corrupción na contratación pública mediante as tecnoloxías dixitais. Novas perspectivas: a auditoría de algoritmos

Enrique Benítez Palma. Ex conselleiro da Cámara de Contas de Andalucía e investigador do Instituto Universitario de Investigación Ortega e Gasset

Manuel J. García Rodríguez. Data scientist en NTT Data. Investigador en contratación pública
  •  
    •   Video
    •   Audio

A despoboación en Europa: diagnóstico e estratexias
Xoves, 20 de Abril de 2023.
A despoboación en Europa: diagnóstico e estratexias

Serafín Pazos Vidal. Senior expert, rural and territorial development at AEIDL (European Association for Innovation in Local Development)
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212