O contido destas xornadas sitúase arredor dunha dobre orde de problemas actuais das facendas autonómica e local:
a) Os de natureza procedemental: seleccionáronse unha serie de cuestións onde están localizadas as maiores disfuncións administrativas na tramitación e resolución dos procedementos de xestión e inspección tributarias.
O obxectivo último é, obviamente, mellora-lo resultado do lado «adxectivo» da facenda pública.
b) Aqueles que conectan coa fase do proceso de corresponsabilización fiscal que viven hoxe tanto a Comunidade Autónoma de Galicia como as corporacións locais galegas: en dous relatorios analizaranse tanto a potestade tributaria local na actualidade como posibles novas etapas no camiño da corresponsabilidade fiscal que percorre hoxe a Comunidade Autónoma galega.
Non parece necesario subliña-lo obxectivo desta parte das xornadas: trátase de centrar xuridicamente o tema da descentralización fiscal, incorporando
novas ideas para avanzar no camiño da corresponsabilidade fiscal e, en último termo, da mellora financeira das nosas facendas territoriais.
SANTIAGO |