A relación que ó abeiro do acto administrativo se establece entre a Administración pública e o administrado vén constituír un dos aspectos de maior relevancia no quefacer cotián dunha sociedade. Para a Administración pública, o acto administrativo configúrase como o instrumento mediante o que expresa a súa vontade e pode cumpri-las diversas funcións que ten atribuídas; para o administrado, representa o fundamental vehículo da súa relación coa Administración, a través do cal vai experimentar beneficios ou inconvenientes na súa situación xurídica, nos seus dereitos ou intereses.
Dentro do ámbito xurídico e administrativo do acto administrativo, as xornadas convocadas dedicarán unha especial atención, desde un tratamento práctico, ó relevante tema da notificación e publicación destes actos, ó significado, alcance, tipoloxía e posición xurisprudencial máis recente sobre o instituto do silencio administrativo.
ACORUÑA |