Para moitos, das tres clásicas áreas de división do urbanismo, planeamento, disciplina e xestión, é esta última a que encerra a parte realmente práctica pois sen xestión non hai posibilidade de materializar actos concretos. Pois ben, de entre tódolos instrumentos con que conta o urbanista á hora de poñer en marcha os seus plans, destaca singularmente a figura dos convenios, verdadeira lei interpartes que contribúe a axiliza-la tramitación e poder obter resultados de maneira o máis inmediata posible dentro dunhas marxes de manobra razoables.
As presentes xornadas analizan a figura do convenio no seu máis amplo sentido, con referencia concreta á súa regulamentación na lexislación autónoma e ó seu tratamento no conxunto das disposicións urbanísticas aplicables. É sen dúbida unha importante oportunidade para coñece-lo modus operandi, cómo debe actuarse e a aplicabilidade a determinadas actuacións urbanísticas.
LUGO |