Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU19026 - Xornada Modificación do Código técnico de edificación
Imaxe Curso/Xornada

O obxectivo principal desta xornada é informar o persoal técnico responsable de proxectos e obras de edificación sobre as próximas modificacións do Código técnico de edificación (CTE), que afectan algúns dos seus documentos básicos e que supoñen a actualización das referencias normativas destes.

As principais novidades derivan das exixencias das directivas europeas que establecen a obrigación de revisar e actualizar os requisitos mínimos exixibles en materia de eficiencia enerxética dunha forma periódica, polo que se fai necesaria a modificación do documento básico de aforro de enerxía (DB-HEI). Ademais, tendo en conta estas novas exixencias e o seu efecto sobre os cerramentos exteriores, realízanse modificacións no documento básico de seguridade en caso de incendio (DB-SI) para limitar o risco de propagación do incendio polo exterior do edificio. Destaca tamén que para a transposición parcial da Directiva 2013/59/EURATOM, introdúcese unha nova exixencia básica de salubridade de protección fronte ao gas radón (DB- HS6).

Por outra banda, abordarase o estudo do novo código estrutural como marco regulamentario das exixencias que deben cumprir as estruturas de formigón, as de aceiro e as estruturas mixtas formigón-aceiro para satisfacer os requisitos de seguridade estrutural e seguridade en caso de incendio, así como da protección do ambiente e a utilización eficiente de recursos naturais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
19/11/2019
Fin
19/11/2019
Prazas
286
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212