Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU21006 - Webinario Os fondos para a recuperación, transformación e resiliencia: análise desde o punto de vista da contratación pública e outras fórmulas non contractuais
Imaxe Curso/Xornada

Convocatoria: DOG núm. 35, do 22 de febreiro e Corrección de erros do 23 de febreiro.

Os novos fondos para a recuperación, transformación e resiliencia supoñen a apertura dunha xanela de oportunidade en moitos ámbitos.

A pandemia da COVID-19 cambiou as perspectivas económicas dos próximos anos na Unión Europea. Para facer fronte á crise económica non só se aprobou un novo marco financeiro plurianual senón tamén un novo paquete de fondos (Next Generation) e, en particular, o instrumento do mecanismo de recuperación e resiliencia que supoñerán para España uns 140.000 millóns de euros.

Así mesmo, xa se incluíron nos orzamentos xerais do Estado partidas para a súa exe-cución e aprobouse unha norma para este efecto, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro.

A conferencia pretende expoñer de forma práctica os principais elementos deste real decreto e analizar os aspectos máis relevantes: os proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica (Pertes), o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as posibilidades de colaboración público-privada, os cambios na contratación pública e outras fórmulas non contractuais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
09/03/2021
Fin
09/03/2021
Prazas
60
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212