AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA MÉRCORES 24 DE NOVEMBRO, ás 15:00 horas!!
O obxectivo principal deste seminario web é analizar, por unha banda, as oportunidades de mellora que presenta a actual estrutura da función pública, baseada en dous elementos esenciais: o subxectivo, que fai referencia aos corpos do persoal empregado público, e o obxectivo, que fai referencia ao posto de traballo e ás relacións de postos de traballo; e, por outra banda, as adaptacións destes elementos ás exixencias que require unha Administración moderna e que actúa por proxectos, tal como exixe a Administración pos-COVID.
TELEPRESENZA |