Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU24015 - Webinario Contratación pública e dereito da competencia
Imaxe Curso/Xornada

Actividade convocada no marco do Ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento.

A protección da libre competencia empresarial é un principio transversal e inspirador da lexislación de contratación pública e está presente de forma indirecta no resto de principios que a informan, e inclúe os de liberdade de acceso ás licitacións, a publicidade e transparencia dos procedementos e os de non discriminación e igualdade de trato dos candidatos. Este principio de libre competencia introduciu importantes novidades nos procedementos de contratación administrativa que deben ser tidas en conta por parte dos órganos de contratación. Neste sentido, por unha banda, a Lei de contratos do sector público (LCSP) prevé unha serie de medidas de reacción ante posibles indicios de colusión nos procedementos de licitación pública, de tal modo que os órganos de contratación teñen a obriga de iniciar un procedemento específico ante a detección de tales indicios por parte das empresas que acoden a licitacións públicas. Doutra banda, a posible declaración de prohibicións de contratar por infraccións de competencia xerou toda unha serie de cuestións xurídicas que deben ser tidas en conta, tanto polos órganos de contratación, como polos operadores económicos na tramitación das licitacións públicas.

Este webinario pode ser de especial interese para o persoal que, dentro dos grupos de persoas destinatarias indicadas na base segunda da convocatoria, forme parte de unidades ou órganos de contratación ou exerza funcións relacionadas neste ámbito.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
04/10/2024
Fin
04/10/2024
Prazas
100
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212