A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes, elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou en varios movementos e reivindicacións sociais, e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un baleiro importante na vida cultural e política galega.
A EGAP, como institución pública galega, súmase á súa homenaxe organizando un acto conmemorativo, así como unha viaxe de interese cultural.
| SANTIAGO |