Obxectivo xeral: Dar a conocer a existencia dos estereotipos de xénero para tomar conciencia da profunda influencia que exercen na vida de mulleres e homes e da necesidade da súa erradicación para unha mellor actividade profesional e contribuír a igualdade real e efectiva entre xéneros.
Obxectivo específico:
- Entender o sistema sexo-xénero e a socialización diferencial como base para comprender o concepto de estereotipos de xénero e a súa trasmisión.
- Coñecer os mecanismos polos que operan os estereotipos de xénero na vida cotiá de mulleres e homes desde idades moi temperás, e que sitúan ás mulleres en situación de desigualdade.
- Comprender a extensión da súa influencia tamén ao ámbito profesional.
- Achegar pautas básicas e estratexias para comprometerse coa erradicación dos estereotipos de xénero e liberarse da súa influencia no ámbito profesional.
SANTIAGO |