Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de nivel medio e superior de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tres cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega e tres cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega.


    O número de prazas por curso será de 25.

    Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

    – Universidades de Galicia:
    UN17001 Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 11 de decembro
    UN17002 Curso superior de linguaxe administrativa galega 
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 12 de decembro

    – Entidades públicas instrumentais:
    EP17001 Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 11 de decembro
    EP17002 Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 12 de decembro

    – Entidades locais de Galicia:
    LO17001 Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 11 de decembro
    LO17002 Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Datas lectivas Exame final
    Teleformación 75 2.10.2017 ao 3.12.2017 12 de decembro

    Destinatarios
    • Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia (UN17001 e UN17002).
    • Empregados/as públicos/as que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nas institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua (EP17001 e EP17002).
    • Empregados públicos e a empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (LO17001 e LO17002).
    Matrícula: desde as 8 horas do 28 de xuño ata as 14 horas do 7 de xullo en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido na alínea g) desta base as persoas solicitantes dos cursos dirixidos a entidades públicas instrumentais e institucións públicas autonómicas deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:
    • Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.
    Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.

    Máis información no DOG do 27 de xuño.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 596 de 613
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia