O nivel A1 inclúe dous niveis. De acordo co resultado da proba de nivel accederá ao "nivel 1 Elementary" ou ao "nivel 2 Elementary Plus".
Os contidos do nivel 1 Elementary de My Oxford English corresponden á primeira parte do nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Entre outras funcións comunicativas, adquírense as habilidades de presentarse a alguén novo, dar unha opinión, expresar gustos e preferencias e describir pertenzas persoais.
Os contidos do nivel 2 Elementary Plus de My Oxford English corresponden á segunda parte do nivel A1 do MCER. Entre outras funcións comunicativas, o alumno/a aprende a dar e pedir indicacións, a describir persoas, a falar sobre rutinas, e a explicar como chegar ao traballo.
NIVEL1 |