O nivel A2 inclúe dous niveis. De acordo co resultado da proba de nivel accederá ao "nivel 3 Pre-Intermediate" ou ao "nivel 4 Pre-Intermediate Plus".
Os contidos do nivel 3 Pre-Intermediate de My Oxford English corresponden á primeira parte do nivel A2 do MCER. Entre outras funcións comunicativas, o/a estudante aprende a falar de plans futuros, a facer ofrecementos e pedir nun restaurante, a falar do pasado e a describir acontecementos recentes.
Os contidos do nivel 4 Pre-Intermediate Plus de My Oxford English corresponden á segunda parte do nivel A2 do MCER. Entre outras funcións comunicativas, adquírense as habilidades de narrar acontecementos no pasado, facer plans, sinalar necesidades e tomar decisións.
NIVEL3 |