Os xestores de axudas teñen que manexar un gran número de datos correspondentes a mais de 30.000 beneficiarios por ano e facer numerosas operacións para garantir un sistema efectivo de xestión e control das axudas da PAC. A declaración gráfica das axudas mediante a utilización do SIXPAC, supón mellorar o coñecemento dos sistemas GIS para cumprir coas obrigas da normativa.
Os obxectivos que se perseguen son, de acordo cos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) 809/2014 sobre os controis administrativos e controis cruzados:
A necesidade da reciclaxe e actualización dos coñecementos específicos do
persoal propio experto na xestión das distintas liñas de axuda.
A necesidade de proporcionar coñecementos básicos ao novo persoal propio
que se incorpora á xestión das liñas de axuda.
SANTIAGO |