O obxectivo deste curso é ofrecer unha aproximación á catalogación do libro antigo. Tratarase de incidir na identificación dos elementos específicos e diferenciais do libro antigo, no exame das fontes de información, nas peculiaridades de transcrición e na normalización da súa descrición. Proporcionarase un achegamento á Descrición Bibliográfica Internacional para Monografías Antigas (ISBD (A))e as Regras Españolas de Catalogación referentes ao libro antigo. En particular farase fincapé en coñecer o manual de aplicación para a elaboración do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español, no que se recollen as prácticas e usos propios deste Proxecto respecto da catalogación de Monografías Antigas, é dicir anteriores a 1801.
SANTIAGO |