O obxectivo xeral da formación será o de informar ao persoal do Parque Natural sobre o contido do Plan de Xestión de Emerxencias do Parque Natural, e da súa implementación.
Os obxectivos específicos que se pretenden acadar son:
· Dar a coñecer o marco normativo dos plans de protección civil e de emerxencias en Galicia.
· Informar do resultado da análise de riscos presentes no parque e do seu nivel de gravidade.
· Identificar as infraestruturas, os medios de protección e as medidas preventivas.
· Informar da xerarquización e da asignación de funcións.
· Explicar os procedementos a seguir en caso de emerxencia ou incidente.
· Consignas en caso de emerxencia ou incidente.
· Coñecementos no emprego de equipos, medios e ferramentas.
· Características e utilización dos Equipos de Protección Individual.
MACEDA |