O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal creado co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
A creatividade é unha competencia imprescindible para o cambio e a innovación así como unha ferramenta para a resolución de retos e problemas. O principal obxectivo desta actividade formativa é desenvolver a creatividade dos participantes e a súa capacidade para xerar cambios innovadores na súa realidade laboral.
SANTIAGO |