Este curso ten por obxecto o estudo da figura do convenio como instrumento de colaboración e cooperación no ámbito das Administracións Públicas ao que estas poden recorrer en determinadas supostos para o exercicio das súas funcións. Logo da entrada en vigor da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas esta figura conta cun novo marco xeral regulador que resolve, en parte, a inseguridade xurídica existente na anterior norma.
Así mesmo, nos diferentes módulos que integran o programa trataranse de analizar, por unha banda, os requisitos formais de validez dos convenios e o seu contido mínimo, e por outra banda, os trámites que son preceptivos no procedemento para a subscrición de convenios, tendo en conta as especialidades neste procedemento no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se analizarán os diferentes requisitos de publicidade e transparencia que nesta materia esixe a normativa aplicable.
T01 |