O obxecto do curso é expoñer desde, un enfoque práctico, o réxime xurídico da revisión dos actos en vía administrativa na recente Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), analizando os instrumentos que prevé o ordenamento xurídico para garantir o sometemento pleno da Administración Pública á Lei e ao Dereito.
Ao longo do curso afondaremos na análise das distintas vías para deixar sen efectos os actos administrativos que non son conformes a Dereito ou corrixir os erros de que adoezan, identificando, en función do vicio presente no acto, o procedemento previsto para a súa revisión.
Centrarémonos na análise dos actos impugnables ou revisables e dos órganos competentes para a súa resolución e faremos un estudo detallado das clases de recursos administrativos: reposición, alzada e extraordinario de revisión, así como das cuestións relativas á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas coa anterior, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio.
T01 |