O contido do presente curso comeza coa análise xeral da normativa actual (Lei 1/96, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta e do Decreto 269/2008, de 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia) desenvolvendo os distintos supostos de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta, as prestacións que comprenden dito dereito, as actuacións ante os colexios de avogados, así como a composición e funcións das Comisións de asistencia xurídica gratuíta.
Posteriormente, analizaranse as distintas actuacións relacionadas coa xustiza gratuíta que na práctica se pode atopar o/a funcionario/a ao servizo da administración de xustiza no seu posto de traballo, segundo as súas funcións e ordes xurisdicionais nas que preste os seus servizos: insostibilidades, violencia de xénero, causas penais, desafiuzamentos, familia, etc.
T01 |