1. Introducir os empregados públicos con responsabilidades directivas e semidirectivas nas técnicas de xestión e habilidades directivas necesarias para liderar equipos de traballo de alta dirección pública, desenvolvendo as competencias directivas e semidirectivas innovadoras (análise, interpretación, participación, proxecto, grupo de traballo e marketing interno), e aprendendo a desenvolver equipos de traballo integrados e cooperativos.
2. Facilitar espazos de aprendizaxe e de intercambio global de experiencias entre os participantes no curso, e entre estes e outros grupos directivos da Administración autonómica e da Administración xeral do Estado cos que colaboren en proxectos intergobernamentais.
3. Resolver problemas estratéxicos de cada participante, enfocando a aprendizaxe cara á innovación organizativa e a gobernación multinivel na que están inseridas as diferentes organizacións públicas que compoñen a Xunta de Galicia.
4. Procurar unha cultura mixta de acción pública, isto é, de comprensión entre as diferentes administracións públicas (autonómica, local e universitaria) así como coas iniciativas da sociedade civil que comparten actitudes privadas e públicas.
DI06DX1001SA |